VOLVEN AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2021-09-21
Despois dun ano sen ofertar actividades deportivas debido á Covid -19, a Concellería de Deportes volve á normalidade coas actividades deportivas que viña programando en anos anteriores. A partir do xoves 23 de setembro ábrese o prazo de inscrición para as clases de piscina (ximnasia de mantemento en medio acuático), ximnasia de mantemento para maiores e ximnasia para adultos.
Quen queira inscribirse nas actividades pode facelo no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, a partir do xoves 23 de setembro. Poden recollerse os impresos a partir do mércores 22 no propio edificio administrativo. As clases iniciaranse en outubro e seguen todos os protocolos para previr a Covid-19.
Tamén se retoman as rutas de sendeirismo que se realizan polo municipio. Serán todos os martes, xoves e venres a partir das 10.30 horas con saída desde o pavillón de deportes Monte da Vila. Son son gratuítas, pero é necesario anotarse previamente a través do teléfono 607 112 333. As rutas de sendeirismo inícianse o 5 de outubro e sempre que as condicións meteorolóxicas permitan a súa realización.
|
ACTIVIDADE |
DÍAS |
HORARIO |
INSTALACIÓN |
PREZO |
|
Ximnasia para maiores |
Martes e xoves |
9.00-10.00 h |
Pavillón Monte da Vila |
12 € |
|
Ximnasia para adultos |
Luns e mércores |
20.30-21.30 h |
(Pendente de confirmar) |
12 € |
|
Piscina (ximnasia de mantemento) |
Luns, mércores, xoves |
9.00-10.00 h |
Hotel Louxo |
1 día 24 € 2 días 42 € |
|
Rutas de sendeirismo |
Martes, xoves e venres |
10.30 h |
Saída do pavillón Monte da Vila |
Gratis |