Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A orquestra do IES As Bizocas ponlle música ao poema gañador do último Certame de Poesía Xosé A. Barral

Fecha: 2012-07-12

 

O pasado maio, a alumna de 4.º da ESO Marta Díaz Álvarez resultou gañadora do VI Certame de Poesía Xosé A. Barral, que organiza anualmente o IES As Bizocas coa colaboración da Concellería de Educación do Concello do Grove e do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Monte da Vila.

 

A orquestra do instituto de Balea, da que forma parte a propia Marta, púxolle agora música ao poema gañador.

 

Pode ver a presentación da versión musicada do poema en YouTube ou no blog da biblioteca do seu instituto.