A orquestra do IES As Bizocas ponlle música ao poema gañador do último Certame de Poesía Xosé A. Barral
Fecha: 2012-07-12
O pasado maio, a alumna de 4.º da ESO Marta Díaz Álvarez resultou gañadora do VI Certame de Poesía Xosé A. Barral, que organiza anualmente o IES As Bizocas coa colaboración da Concellería de Educación do Concello do Grove e do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Monte da Vila.
A orquestra do instituto de Balea, da que forma parte a propia Marta, púxolle agora música ao poema gañador.
Pode ver a presentación da versión musicada do poema en YouTube ou no blog da biblioteca do seu instituto.