Jornadas micológicas
Fecha: 2012-10-31
Aproveitando a época de recollida de cogomelos as Concellerías de Medio ambiente e Xuventude do Concello do Grove organizan unhas Xornadas Micolóxicas dirixidas a todos os amantes da natureza e do gusto por este prato.
A agrupación micolóxica a Cantarela será a encargada de levar a cabo esta actividade cuxo programa desglosamos a continuación:
- Día 14 de novembro. 19:30. Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rei”
INTRODUCCIÓN Á MICOLOXÍA. PRINCIPAIS COGOMELOS COMESTIBLES
Carlos Álvarez Puga.- Presidente da Ag. Mic. A Cantarela
- Día 15 de novembro. 19,30h. Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rei”
COGOMELOS COMPARADOS COMESTIBLES E VELENOSOS.
Ramón Carlos Encisa Fraga, Vicepresidente da Ag. Mic. A Cantarela
- Día 17 de novembro 9,00 h (Sábado)
SAÍDA AO CAMPO.
O prazo para inscribirse na actividade ábrese dende o venres 2 de novembro ata o cubrir as 50 prazas disponible e pódese tramitar na Oficina Municipal de Información Xuvenil ubicada na Casa Azul. Teléfono 986 730609