Xornadas micolóxicas
Fecha: 2012-10-31
Aproveitando a época de recollida de cogomelos, as concellerías de Medio Ambiente e Xuventude do Concello do Grove organizan unhas xornadas micolóxicas dirixidas a todos os amantes da natureza e do gusto por este prato.
A Agrupación Micolóxica A Cantarela será a encargada de levar a cabo esta actividade, cuxo programa desagregaremos a continuación:
- Día 14 de novembro. 19:30. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA. PRINCIPAIS COGOMELOS COMESTIBLES
Carlos Álvarez Puga, presidente da Agrupación Micolóxica A Cantarela
- Día 15 de novembro, 19.30h, Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
COGOMELOS COMPARADOS COMESTIBLES E VELENOSOS.
Ramón Carlos Encisa Fraga, vicepresidente da Ag. Mic. A Cantarela
- Día 17 de novembro, 9.00 h (sábado)
SAÍDA AO CAMPO.
O prazo para inscribirse na actividade ábrese o venres 2 de novembro ata cubrir as 50 prazas disponible e a inscrición pódese tramitar na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa Azul. Teléfono 986 730 609