Comezamos ilusionados en facer un concello mellor da man dun goberno que atenda as principais inquedanzas dos veciños e veciñas.
O obxectivo principal será darlle reposta a unha das primeiras preocupacións da cidadanía: acceder a unha vivenda digna.
Temos, ademais, un importante patrimonio arquitectónico que podemos e debemos rehabilitar, como riqueza cultural e sinal de identidade que temos a obriga de coidar e dignificar.
Imos revitalizar O Grove e dotalo de todos os servizos coa finalidade de transformalo nun lugar máis atractivo para vivir. O mesmo cabe dicir dos núcleos rurais.
A creación de solo empresarial é o outro grande eixe de actuación deste concello, porque sabemos que o desenvolvemento equilibrado e a modernización pasa por dispor da adecuada dotación de solo produtivo. Traballaremos para que as empresas poidan implantarse neste concello.
Adquirimos o compromiso de desenvolver este traballo coa máxima transparencia, informando e dialogando permanente coa veciñanza.