As comisións informativas, integradas exclusivamente por membros da corporación, son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno da Xunta de Goberno cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo cando se teñan de adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno, e do alcalde ou presidente, que lles sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles.
Comisións especiais de contas: son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que serán sometidos á decisión do Pleno.
Comisións informativas xerais: son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que serán sometidos á decisión do Pleno.