O Grove non se podería entenderse sen o mar e, moi probablemente, o mar e os seus produtos non serían o mesmo de non existir O Grove. É algo que forma parte das nosas raíces e unha fonte de riqueza das máis importantes na economía local.
A Concellería de Mar é a encargada de darlle voz ao mar nun concello coma o noso, tradicionalmente dependente deste medio.
Traballamos en coordinación co sector e con todas as administracións para reforzar o papel participativo do mar do Grove e das súas xentes, escoitando e procurando melloras en todos os seus ámbitos.