Gala do Deporte Meco 2014
Fecha: 2014-02-25
O vindeiro 16 de marzo terá lugar a Gala do Deporte Meco, onde se premiarán os deportistas, adestradores, clubs… máis destacados durante o ano 2013. Este ano, como novidade, non serán os clubs os que voten polos gañadores de cada categoría, senón un pequeno tribunal formado por xornalistas deportivos e licenciados en Ciencias do Deporte alleos ao Concello do Grove, así se decidiu na última reunión do Consello Local do Deporte.
Para propoñer candidatos ás diferentes categorías hai de prazo ata o próximo día 7 de marzo ás 14.00 horas no Rexistro do Concello. Pode facelo calquera: club deportivo, asociación, persoa etc. que estea interesado en que se recoñeza o traballo levado a cabo durante o 2013 en calquera dos apartados seguintes:
1. Mellor deportista masculino elite
2. Mellor deportista masculino amateur
3. Mellor deportista feminina elite
4. Mellor deportista feminina amateur
5. Mellor deportista promesa masculino
6. Mellor deportista promesa feminina
7. Mellor club
8. Deporte alternativo
9. Vida dedicada ao deporte
10. Mellor adestrador
11. Mellor directiva
12. Club con mellor labor de deporte base
13. Mellor medio de comunicación
14. Mellor patrocinador
15. Mellor evento deportivo