Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove conmemora a Semana da Prensa nos colexios con charlas de xornalistas da comarca

Fecha: 2014-03-12

 

O obxectivo da actividade é fomentar entre os escolares a lectura dos xornais e axudarlles a desenvolver un sentido crítico.

Esta semana conmemórase a Semana da Prensa na Escola, e para celebralo, a Concellería de Educación organiza sesións nos colexios con xornalistas da comarca. O obxectivo desta actividade, na que participa o alumnado de 5.º e 6.º de primaria do CEIP Rosalía de Castro, é fomentar entre os escolares a lectura dos xornais, favorecer o exercicio da lectura comparada das informacións e axudarlles a desenvolver un sentido crítico. Tamén contribúe ao reforzo da lectura e da escritura.

Os xornalistas que participan na actividade son Maruxa Alfonso, redactora da delegación de Arousa de La Voz de Galicia; e Teresa Miñán, do Diario de Arousa. Esta mañá visitaron o centro para achegarlles aos escolares algúns dos aspectos máis salientables da profesión: como redactar a noticia, maquetación da páxina, proceso de elaboración do diario… Preto de 90 alumnos descubrirán a través destas sesións a diversidade dos medios de comunicación, coñecerán a diferenza entre opinión e feitos; recoñecerán as diferentes seccións dun periódico…

Guía de actividades escolares

Esta actividade forma parte da guía O Grove Educa, coordinada pola Concellería de Educación. O obxectivo desta guía é reunir nun só documento toda a información sobre a oferta municipal de actividades escolares, co fin de potenciar e facilitar a participación de toda a comunidade educativa da localidade.