Gañadores do Concurso de Escaparates do Entroido 2014
Fecha: 2014-03-13
A Concellería de Comercio e Mercados comunica o nome dos gañadores do Concurso de Escaparates do Entroido 2014, organizado en colaboración coa Concellería de Cultura e Terceira Idade:
Na categoría de comercio: Barbería da Praza
Na categoría de hostalería: Sala Mohai
Cada un deles dotado con 200 euros e diploma.
A entrega de premios será este sábado, 15 de marzo, ás 20.00 h, nas portas da Casa do Concello, no preámbulo da saída do Enterro de dona Sardiña.
Debido á celebración o mesmo día do desfile de disfraces, o velorio e a saída da comitiva funebre do Enterro da Sardiña realizarase desde a Casa do Concello, e non desde a casa da cultura, como estaba previsto.