Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Información relevante relacionada coa Gran Marcha do Entroido Meco e co Enterro da Sardiña 2014

Fecha: 2014-03-14

 

Gran Marcha do Entroido Meco

 

Este sábado 15, O Grove acolle o día grande do Entroido meco coa celebración do desfile de disfraces que se tivo que pospor o pasado martes 4 de marzo debido ao mal tempo.

 

O desfile comezará puntualmente, como estaba previsto, ás 17.00 horas. Debido á grande expectación que parece que está a levantar (pois son innumerables as chamadas que se reciben a diario para solicitar información sobre o evento desde toda a comarca, e incluso de lugares como Pontevedra, Marín ou Vigo), prevese unha gran participación e xa foron moitos os grupos e incluso comparsas que confirmaron a súa asistencia.

 

Desde a Concellería de Cultura e Terceira Idade, organizadora dos actos en colaboración co persoal da Rede de Bibliotecas, Protección Civil e a Concellería de Seguridade Cidadá, deseñouse un percorrido máis amplo que o de anteriores edicións para lle dar cabida e seguridade a este previsible aumento de participantes, quedando, pois, da seguinte maneira:

 

De 15.30 a 16.30 h: inscrición (gratuíta), ás portas da Casa do Concello, dos participantes no concurso.

Ás 17.00 h: saída do desfile, os participantes iranse colocando entre a "rotonda das garzas" en Beiramar (cabeceira), e diante do mercado municipal (cola).

 

O percorrido é o seguinte, dúas voltas obrigatorias para participar no concurso:

"Rotonda das garzas" (saída), Beiramar, rúas Luis Casais, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Rúa da Praza, Praza do Corgo, monumento Mariscador e "rotonda das garzas".

 

Ás 19.30 h: entrega de premios ás portas do Concello. Entregaranse os premios desfile, do concurso de comparsas e do concurso de decoración do Entroido.

 

 

Bases Concurso de Disfraces 2014

 

 

Enterro da Sardiña

 

As 20.00 h: saída da comitiva fúnebre de dona Sardiña desde a Casa do Concello

Percorrido: Casa do Concello, rúa Pablo Igleias, Praza de Arriba, rúas Luis Seoane, Luis Casais, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Rúa da Praza e Praza do Corgo, onde se incinerará, dando por rematado o Entroido 2014.

 

Esquela de dona Sardiña Meca 2014

 

 

Normas de seguridade

  • Por mor de onde vai transcorrer o desfile, e por transcorrer por rúas estreitas e con limitación de altura, as carrozas deberán ter como máximo unha anchura de 2,5 metros; unha altura máxima de 3,5 metros e unha lonxitude máxima de 7 metros. Así mesmo, as plataformas remolcadas por tractores non deberan exceder en total 7 metros de lonxitude.  
  • As carrozas que superen estas lonxitudes non poderán desfilar.  
  • Unha vez rematas as dúas voltas obrigatorias do desfile, os vehículos e carrozas deberan desviarse á zona portuaria. 
  • Todos os vehículos que participen no desfile (en concurso ou non) deberán cumprir coa normativa vixente relativa ás condicións técnicas de seguro o obrigatorio, sinalando tamén que en todo momento os vehículos e carrozas deberán levar un grupo de persoas ao redor destes para garantir a seguridade tanto das persoas que participen no desfile como das que se atopen na rúa como espectadores, recomendando un perímetro de seguridade de 1,5 metros.

 

Restrición de circulación e estacionamentos

  • Prohíbese o estacionamento dende as 14.00 horas nas rúas Castelao (intersección con rúa do Pombal e Luis Casais ata o "Cruce do Garda"), Rúa da Praza e rúa Pablo Iglesias.
  • Prohíbese circular desde as 17.00 horas polas rúas: Beiramar, Luis Casaias, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Pablo Iglesias, Praza do Corgo e Luis Seoane. 
  • O horario estimado de apertura ao tráfico destas rúas será entre as 21.30 e 22.00 h.
  • A Policía Local pide colaboración e respecto á sinalización provisional que se colocará con motivo deste evento.