Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove renova e moderniza a iluminación no lugar de Balea

Fecha: 2014-03-24

 

 

A concellería de Obras anuncia que nos próximos días se mellorará a iluminación na rúa Castelao

 

O Concello do Grove acaba de renovar e modernizar os puntos de luz no lugar de Balea, na parroquia de San Vicente, dentro do plan de mellora da iluminación e da eficiencia enerxética emprendido pola Concellería de Obras e Servizos desde hai uns meses.

 

Así, nesta zona instaláronse catorce novas luminarias, aproveitando a canalización que quedou prevista para este fin cando se fixeron as obras de mellora da estrada interior de San Vicente. Nos próximos días retiraranse outros tantos postes con cables antigos, o que deixará unha paisaxe máis aberta. Estas novas luminarias tamén supoñen unha mellora na calidade e no aforro, tanto en consumo como en eficiencia enerxética.

 

O concelleiro de Obras, Manuel Ochoa, explica que o obxectivo é “na medida do posible, seguir coa instalación de máis puntos renovados, o que permite seguir garantindo unha iluminación óptima e de calidade ao mesmo tempo que nos permita reducir o consumo e mellorar a eficiencia”.

 

Ademais, anuncia que nos próximos días tamén se cambiará a iluminación na rúa Castelao. Tras facer un estudo sobre que tipo de lámpada e potencia son precisas para mellorar a calidade da rúa, realizouse unha proba que convenceu a comerciantes e veciños da rúa.