Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocatoria de reunión cos colectivos do concello

Fecha: 2014-03-26

Aberta a reunión a empresas e persoas interesadas en coloborar con Noites Abertas.

 

A Concellería de Deportes e Xuventude invita a todos os colectivos do Concello do Grove a asistir a unha reunión que terá lugar mañá mércores ás 19.30 h na Casa Azul (entrada pola rúa Castelao).

 

Os puntos que se tratarán nesta xuntanza serán os seguintes: 

 

  • Proposta de actividades dos colectivos
  • Participación dos distintos colectivos no programa A noite é nova 2014. Actividades de ocio alternativo para as noites dos sábados dirixidas á mocidade.
  • Informar das axudas Iniciativa Xove

Sobre este programa, Iniciativa Xove, haberá un obradoiro impartido por técnicos da Xunta onde se falará máis a fondo, o próximo mércores 2 de abril, ás 18.30 h na Casa Azul.

 

Iniciativa Xove é un programa que se pon en marcha dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e as mozas poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

 

Poderase participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos e mozas ou ben desde as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

 

As actividades serán planificadas e desenvolvidas pola mocidade, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que se propoñan.

 

Estes proxectos irán dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver desde o 1 de xaneiro ao 30 de outubro. Quen se beneficie desta axuda poderá recibir ata 4000 €.