Campaña de verán 2014
Fecha: 2014-03-26
A OMIX informa de que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante unha inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.
- Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Participantes
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada actividade.
Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:
- Os/as nados/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
- Os/as nados/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Solicitudes: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014. No caso de que se presenten as solicitudes na OMIX, o prazo rematará o 9 de abril.
Máis información no DOG do 26 de marzo de 2014
http://xuventude.xunta.es/2014032612889/campana-de-veran-2014.html