Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello anima a veciñanza a utilizar a aplicación city4 para comunicar as incidencias

Fecha: 2014-04-14

 

 

 

O Concello do Grove lémbralles aos veciños e veciñas que teñen á súa disposición a aplicación gratuíta city4ogrove, creada para os smartphones co fin de facilitar a xestión de incidencias e a comunicación entre a poboación e o goberno municipal.

 

Xa que logo, anima os cidadáns a empregar esta ferramenta tecnolóxica para que se poida recibir información directa e inmediata da cidadanía e así solucionar o máis axiña posible as demandas e incidencias que poidan xurdir acotío.