Nova incorporación de documentación ao arquivo municipal grazas á colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra
Fecha: 2014-05-02
-
Unha subvención da Xunta de Galicia posibilitou a ampliación do arquivo
-
Persoal do Servizo técnico do Patrimonio Documental da Deputación Provincial de Pontevedra será o encargado do proceso técnico
Durante a semana pasada, persoal do servizo de obras do Concello do Grove trasladou a documentación que se atopaba amoreada no soto do edificio administrativo á espera de ser tratada e arquivada.
Trátase da documentación xerada polos diferentes servizos administrativos que é necesario conservar e que pasará a formar parte do patrimonio documental do concello.
A transferencia da documentación foi organizada, dirixida e supervisada por persoal do arquivo municipal en colaboración cos responsables dos diferentes servizos administrativos.
O arquivo municipal do Grove estaba desde hai anos ao límite da súa capacidade e, dado o elevado volume documental xerado polo Concello, foi necesario realizar unha ampliación deste. A obra de ampliación do local levouse a cabo grazas a unha subvención da Xunta de Galicia.
Persoal do Servizo técnico do Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra comezará o venres 2 de maio a traballar na actualización del arquivo municipal mediante a incorporación da documentación que acaba de ser transferida desde as oficinas municipais.
Esta actuación completa un ciclo de asistencia permanente da Deputación Provincial de Pontevedra en materia de patrimonio documental ao Concello do Grove no que se refire ao proceso de clasificación, ordenación, descrición e instalación de documentos no arquivo municipal. Continúase así a liña emprendida no ano 1990 encamiñada á recuperación, divulgación e conservación do patrimonio documental municipal.
Desde que se iniciou o proceso, leváronse a cabo varias actualizacións nas que se foi incorporando a nova documentación producida e, ao mesmo tempo, afondando no nivel de información ata a informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.
Desde o Concello queremos agradecerlles á Xunta de Galicia e á Deputación de Provincial de Pontevedra a súa inestimable colaboración na conservación do noso patrimonio.