Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xornada de portas abertas nas Salgadeiras de Moreiras

Fecha: 2014-05-14

 

Co gallo da conmemoración do Día Internacional dos Museos, o Concello do Grove anuncia unhas xornadas de portas abertas os próximos 17 e 18 de maio (sábado e domingo) nas Salgadeiras de Moreiras.

 

Ao longo destas xornadas, o público infantil que se achegue ao museo de Moreiras no seu horario de apertura (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h) será agasallado cun pequeno recordo.

 

A entrada será completamente de balde para todo o público que o visite neses dous días.