Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Educación ofrece a posibilidade de participar na Escola de Verán por quincenas

Fecha: 2014-06-02

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Hoxe luns ábrese o prazo de inscrición na Casa Azul 
  • Este programa permite conciliar os horarios laborais coas vacacións dos nenos de 3 a 12 anos

 

A Concellería de Educación inclúe este ano, como principal novidade na Escola de Verán, a opción de participar por quincenas en lugar de inscribirse o mes enteiro, como era obrigatorio ata o momento. Con esta nova opción preténdese mellorar e aumentar as solucións que desde a Administración local se ofrecen para que as familias teñan garantida a conciliación dos horarios laborais co momento de lecer dos seus fillos. As inscricións pódense facer desde o luns na Casa Azul.

 

Para anotarse o mes enteiro, os prezos mantéñense con respecto a anos anteriores. A Concellería de Educación volve a subvencionar esta actividade para os nenos e as nenas empadroadas. A tarifa para os participantes do Grove por cada mes é 66 euros, mentres que para os nenos que non estean empadroados, 95 euros. No horario ampliado, de 8.00 a 14.30 horas, os empadroados teñen que pagar 100 euros, mentres que os nenos que veñen de fóra aboan 125. No que respecta ás quincenas, os nenos empadroados pagan 40 euros e 55 euros o resto. Se a elección é o horario ampliado, a tarifa ascende a 55 euros para os empadroados e 70 para os demais.

 

Quen estea interesado en participar na actividade os dous meses deberá aboar a totalidade no inicio ou, polo menos, a cota correspondente a mes e medio no momento da inscrición. O resto da mensualidade de agosto aboarase antes de que remate o mes de xullo.

 

As inscricións pódense realizar entre o 2 e o 13 de xuño na Casa Azul. As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada. Terán prioridade os nenos empadroados no Concello do Grove e os que soliciten dous meses ante quen solicite só un mes de actividade ou quincena. Xunto coa folla de inscrición, débese entregar foto do neno, fotocopia do DNI do pai/nai ou titor, fotocopio do DNI do neno ou libro de familia, fotocopia da tarxeta sanitaria e comprobante de ingreso bancario.

 

Este ano a Escola de Verán regresa ás instalacións do colexio Rosalía de Castro, para poder ofrecer aos usuarios un espazo máis cómodo, céntrico e adaptado ás súas necesidades. A través deste campamento, os participantes gozarán das vacacións con xogos e actividades, e ofrecendo unha solución aos problemas de compatibilización dos horarios das familias. 

 

O fío condutor das actividades da Escola de Verán serán os grandes clásicos da literatura infantil universal. Deste xeito, cada unha das obras literarias determinarán as actividades da semana, tanto no seu deseño como nos seus obxectivos e valores. Algúns dos títulos elixidos son Robinson Crusoe, Sherlock Holmes, O libro da selva, A illa do tesouro, A volta ao mundo en 80 días, As aventuras de Robin Hood, As aventuras de Pinocho ou Os tres mosqueteiros.

 

Tríptico informativo e ficha de inscrición>