Corenta nenos clausuran a actividade extraescolar Coñecendo e gozando a biblioteca
Fecha: 2014-06-02
O obxectivo deste programa foi espertar a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que ofrece a lectura
O Concello do Grove clausurou a tarde do pasado venres a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando da biblioteca”, na que participaron corenta nenos de infantil e primaria dos diferentes centros escolares da localidade. A actividade, que se desenvolveu na Biblioteca Municipal do Grove durante todo o curso, chega ao seu fin coa graduación dos nenos e nenas que participaron nesta iniciativa. Esa tarde recibiron o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso.
O obxectivo desta actividade foi espertar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura; experimentar a biblioteca como un contorno máxico de encontro cos libros e con outros nenos e nenas e establecer un primeiro contacto cos libros dunha maneira lúdica, facilitando o xogo. Así, cada semana os participaron gozaron de actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animacións, xogos e traballos manuais de acordo coas súas idades.
O ultimo taller de “Coñecendo e gozando da biblioteca” foi dedido ás nosas mascotas os cans.
A través dun conto e outras actividades, intentouse ensinarlles aos nenos a responsabilidade que implica ter un can na casa para que aprendan a coidar, e respectar os animais, e tamén que non os abandonen.