A carpa Xplora Xuventude visitará mañá O Grove
Fecha: 2014-06-20
A Carpa Xplora Xuventude achégase este sábado ao Concello do Grove co fin de que os mozos e mozas da vila e os visitantes poidan coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.
A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar e na que colabora a Concellería de Xuventude do Concello do Grove estará situada na rúa Pratería entre as 20.00 e as 22.00 horas.
A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.
Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecerlles un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.
Convidamos a todos os mozos e mozas a se acerquen a visitar a carpa e a que formulen todas as dúbidas e cuestións sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude.Aqueles que non se poidan achegar, saben que poden dirixirse á Oficina de Información Xuvenil para calquera cuestión que queiran coñecer, aclarar ou solicitar. Recordamos que esta oficina está en vías de traslado para o novo edificio administrativo do Concello, na rúa Cándido Acuña, 3 (2.º andar). Non se poden dar datas concretas, pero probablemente a semana que vén xa estará nas novas instalacións.