Convocatoria de solicitudes para adxudicar 26 licenzas de venda ambulante no mercado semanal do Concello do Grove
Fecha: 2014-07-02
Publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe mércores 2 de xullo de 2014 o anuncio da convocatoria para adxudicar 26 licenzas de venda ambulante na feira do Grove.
Pode descargar o prego de condicións e o impreso de solicitude premendo aquí>
Atención: o prazo para presentar as solicitudes remata o venres 11 de xullo ás 14.00 horas e a data de sorteo dos postos é o venres 18, ás 12.00 horas na Casa do Concello, acto ao que deberán asistir obrigatoriamente os solicitantes.