Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os Sons do Vento que Pasa. Concerto de fados en galego

Fecha: 2014-07-18

 

 

 

Os Sons do Vento que Pasa chega ao Grove o vindeiro xoves 24 de xullo no palco da praza do Corgo ás 21.00 h da man de Gonçalo Guerreiro e Dani Pais, que nos ofrecerán esta actuación de fados en galego.

 

Este concerto de fados en galego para público de todas as idades é boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia. As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto a xente moza coma a non tan moza. Deste xeito, o espectador  mergullase nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.

 

Esta actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de NN TT, Patrimonio e Documentación que dirixe Alexandre Aguín, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia (RDL) dentro do Programa FalaRedes.

 

Dossier