Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Gmail, xa dispoñible en galego

Fecha: 2014-07-24

 

 

 

 

Na semana de Galicia, unha noticia que supón outro chimpo de xigante para a normalización da nosa lingua na rede: desde hai uns días, o popular servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse en lingua galega.

 

Como cambiar o idioma da súa interface:

  1. Abra a súa conta Gmail.
  2. Prema na icona da roda dentada da esquina superior dereita e seleccione Configuración.
  3. Ao principio da páxina, no apartado "Idioma" da pestana Xeral, seleccione “Galego” como idioma do menú despregable "Idioma para mostrar en Gmail".
  4. Prema agora no botón Gardar cambios do final da páxina.

 

 

Ao mesmo tempo que o galego, Google incorporou ao Gmail outros doce idiomas, o que supón que xa está dispoñible traducido a 71 linguas, co que cobre lingüisticamente o 94% da poboación total da internet. 

 

Os trece novos idiomas incorporados están dispoñibles tanto na versión web de Gmail como na versión para navegadores de dispositivos móbiles.