Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Gravación do programa da Televisión de Galicia 'Os favoritos' na praza do Corgo

Fecha: 2014-08-19

 

Mañá mércores. 20 de agosto, contaremos coa gravación no Grove para a súa posterior emisión do programa da TVG Os Favoritos. Este espazo da Televisión de Galicia ten como fío argumental o soño de dous rapaces, os presentadores (Sabela Cereijo e Marcos Rodríguez), que teñen a ilusión formar a súa propia orquestra. Para conseguilo, percorren o país coñecendo as grandes formacións musicais que animan o verán galego. Os dous traballan ás ordes dun empresario e produtor musical un tanto especial, interpretado polo actor César Aldea.

 

Así pois, na nosa vila gravarase mañá coa Orquestra Aché, na praza do Corgo, desde as 22.30 horas ata as 00.30 h. Tamén se gravarán escenas especiais e actuacións dos condutores do programa.

 

Cómpre salientar que todo o programa (tanto as actuacións musicais como gran parte do guión) será gravado integramente no noso municipio con secuencias tomadas en lugares como a Illa da Toxa, o porto do Grove, o paseo de San Vicente do Mar etc.

 

Desde a Concellería de Cultura do Concello do Grove convidan tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan a compartir este momento de lecer e a participar na experiencia de presenciar a gravación dun espazo televisivo a pé de cámara.