Curso de Reciclaxe e Reutilización
Fecha: 2014-08-22
Convocado pola Deputación de Pontevedra e colabora a Concellería de Xuventude do Concello do Grove.
Curso totalmente de balde que forma parte das accións formativas do Programa Actívate, cunha duración de 30 horas que se impartirán no mes de setembro, lugar e datas ainda por confirmar.
Está dirixido piroritariamente aos mozos e mozas de 16-35 anos residentes no noso concello, aínda que tamén poderán participar persoas doutros municipios no caso de quedaren prazas libre. De non cubrir todas as prazas con persoas co perfil ao que se refire o programa poderán admitirse outras con diferente perfil ata esgotar as prazas.
A OMIX recollerá as solicitudes de participación, que haberá que entregar xunto a fotocopia do DNI, ata o 11 de setembro.
As solicitudes tamén se poden descargar da páxina web da deputación
Recordamos que a OMIX (Oficina de Información Xuvenil) trasladouse ao edificio administrativo do Concello do Grove, situado na rúa Cándido Acuña Blanco, 3, 2.º andar. Teléfono: 986 730 609.