Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Cultura convoca unha nova edición do Festival da Canción do Grove

Fecha: 2014-08-29

 

A Concellería de Cultura convoca unha nova edición do Festival da Canción do Grove, que terá lugar os días 8 e 9 de outubro no Pavillón de Congresos e Exposicións da Illa da Toxa a partir das 21.00 h.

 

Todos aqueles compositores e cantantes que queiran participar nesta edición do Festival deberán formalizara súa inscrición antes das 12.00 h do 30 de setembro, enviando a folla de inscrición, un currículo e un CD, DVD ou pendrive coas dúas cancións gravadas.

 

Como principal novidade, este ano permíteselles a inscrición aos menores de 18 anos, sempre e cando conten coa debida autorización dos seus pais (ou titores legais, de ser o caso) para participar no certame.

 

O día 8 terá lugar a semifinal do Festival, na cal un xurado composto por catro persoas directamente relacionadas co mundo da música terá que seleccionar dez participantes para intervir na final do día 9. Desa final sairán o primeiro premio, dotado con 1800 €, e dous accésits, de 600 € cada un.

 

As bases de participación e a folla de inscrición pódense descargar da páxina web do Concello do Grove.