Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para pagar o IBI e o IAE do ano 2014

Fecha: 2014-09-02

O Concello do Grove anuncia que desde onte está aberto o período voluntario de cobramento do imposto sobre bens inmobles urbanos (IBI), conmunmente chamada contribución urbana, e do imposto sobre actividades económicas (IAE) do ano 2014. 

 

Inicio do cobramento: ................1 de setembro de 2014

Fin do cobramento: ..................31 de outubro de 2014

Lugar: oficinas municipais de Recadación (planta baixa do novo edificio administrativo da rúa Cándido Acuña Blanco, 3)

Horario: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h 

 

Fóra destes prazos esixirase o cobramento pola vía executiva, co recargo do 20% e os custos do procedemento.