Taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas
Fecha: 2014-09-05
O Servizo de Orientación do Concello do Grove informa da convocatoria dun taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas o 16 de setembro ás 10.00 horas na Casa Azul.
O taller dispón de 20 prazas e vai dirixido a persoas maiores de idade ocupadas ou desempregadas que desenvolveran tarefas que teñan que ver co sector do viño.
O prazo de solicitudes é ata o 16 de setembro, e pode realizarse enviando a solicitude a través dos seguintes medios:
- Por correo electrónico a desenvolvementorural.issga@xunta.es , eira@eira-tec.com
- De maneira presencial, entregando o formulario no Servizo de Orientación do Concello do Grove (2.º andar do edificio administrativo municipal, rúa Cándido Acuña Blanco,3)
Para máis información poden chamar a Juan Carlos 652 99 30 32 ou consultar e descargar os formularios na páxina web issga.xunta.es.