ITV de ciclomotores, motocicletas e quads na Illa da Toxa
Fecha: 2014-09-12
A Concellería de Limpeza, Deportes e Seguridade Cidadá anuncia que Supervisión y Control SA, entidade concesionaria da Xunta de Galicia para a inspección técnica de vehículos (ITV) na nosa comunidade, vai levar a cabo no Grove unhas xornadas de inspección de ciclomotores, motoclcletas e quads.
Os días 3 e 6 de outubro desprazarase ata a Illa da Toxa (aparcadoiro do Redondo) unha unidade móbil para realizar as inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores, motocicletas e quads.
As anteditas inspeccións vanse realizar en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 h.
A cita poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.es ou no teléfono 902 309 000 Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.