Inauguración da exposición Acerinox
Fecha: 2014-09-16
Onte pola mañá inaugurouse no baixo da Casa do Concello do Grove a exposición Acerinox, de José Manuel Devesa González.
Nesta mostra escultórica o autor grovense achéganos a través das pezas expostas as posibilidades que ten o aceiro para lle dar renda solta ao seu enxeño e imaxinación de artista.
A exposición poderase visitar ata o día 12 de outubro en horario de mañá.