Inauguradas as exposicións de Artegrove e de fotografías escolares da Festa do Marisco
Fecha: 2015-10-19
Na mañá do pasado sábado puxéronse en marcha as dúas mostras na Casa do Concello e na Carpa Institucional.
O sábado pasado ao mediodía, Artegrove puxo en marcha a súa mostra colectiva na Sala das Cunchas e Sala das Dornas da Casa do Concello. A mostra estará aberta no horario habitual do edificio ata o 8 de novembro.
Pola súa vez, media hora máis tarde daba comezo a exposición de fotografía de alumnos e alumnas do colexio Valle-Inclán relativa á Festa do Marisco na Carpa institucional. Neste caso as imaxes estarán dispoñibles ata o vindeiro xoves 22 de outubro.