Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Grove celebra o Día Internacional da Biblioteca

Fecha: 2015-10-20

 

Ademais das celebracións propias do día 24 de outubro, haberá actividades cos colexios durante toda a semana.

 

O día 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca e o Concello do Grove conmemórao con distintas actividades. Así, ese mesmo sábado un contacontos estará dispoñible para os nenos e nenas a partir de 4 anos, pero tamén haberá actividades nos colexios. A maioría de actividades de animación á lectura realizaranse nos centros educativos da vila grazas á colaboración entre as bibliotecas municipais e escolares.

 

O persoal da Rede de Bibliotecas do Grove desprazarase ata as bibliotecas dos centros educativos para amosar o seu funcionamento e realizar contacontos e outras actividades de animación á lectura. A primeira quenda destas visitas realizouse onte luns ao CEIP Valle-Inclán con actividades dirixidas a nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria. O mércores 21 serán os centros CEIP Rosalía de Castro e CEIP Conmeniño os que reciban as visitas e xa venres 23 de outubro participará o CEIP As Bizocas. 

 

Asi mesmo, o 22 de outubro, e dado que a Escola Infantil Monte da Vila carece de biblioteca, serán os nenos deste centro os que se acheguen ás instalacións municipais da Biblioteca Lueiro Rey para asistir a unha xornada de contos e actividades.