O Obradoiro de Emprego do Concello do Grove tamén se suma as celebracións do Samaín
Fecha: 2015-10-28
Durante toda a tarde do xoves haberá actividades dirixidas a público infantil e xuvenil na Carpa Institucional da Festa do Marisco.
Mañá xoves, de 16.30 a 19.30 h, os participantes do Obradoiro de Emprego do Concello do Grove que están realizando a súa formación no Curso de Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo e Infantil poñerán en práctica os seus coñecementos coa organización dun evento específico para celebrar o Samaín.
Segundo o programa deseñado polas persoas en formación, haberá maquillaxe e disfraces terroríficos, traballos manuais de ultratumba, contacontos (Medo no corpo con historias de máis alá) e globloflexia. Quen teña interese en participar só terá que achegarse á Carpa Institucional do Concello do Grove, que estará ocupada na súa totalidade (tanto no audiotorio como na zona expositiva) por estas actividades lúdicas.