Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

The Covers Band en concerto na Carpa Institucional

Fecha: 2015-10-28

 

Dándolle continuidade aos “Xoves Musicais”, mañá ás 21.00 horas terá lugar o concerto desta banda formada por músicos locais.

 

O grupo fundando no ano 2008 e composto por Bruno Pan, Juan Ciego, Nando Peón, Iván Pla e Vicen Canario interpretará no escenario da carpa institucional versións de temas rock dos 70, 80 e 90. 

 

A banda, que declara estar influenciada por Queen, Dire Straits, The Beatles, The Rolling Stones, The Police, entre outros…, non puido realizar a actuación inicialmente prevista para a Festa do Marisco por problemas de axenda dos seus compoñentes, varios deles membros tamén doutras orquestras, polo que se amosaron encantados de poder contar con esta nova data para actuar fronte o público da súa vila.

 

Trátase, polo tanto, dunha ocasión única para gozar coa música deste grupo e das súas versións, que permitirán contar e cantar un xoves distinto.