Abertas as plicas para os postos do mercado municipal
Fecha: 2015-11-09
Presentáronse 6 ofertas centradas en catro postos distintos.
Na xornada de onte abríronse as plicas que resposta á convocatoria por procedemento aberto de casetas e bancadas libre do mercado municipal. Lembramos que o prego de condicións poñía á disposición das persoas interesadas catro postos fixos e once bancadas en distintas localizacións.
Unha vez rematado o período de presentación de ofertas, foron recibidas seis. Dúas para as bancadas 29 e 30, unha para a 11 e outra para a 15. Segundo a norma establecida, as bancadas serán outorgadas ás ofertas máis elevadas, para o cal serán clasificadas na vindeira Xunta de Goberno Local. Deste xeito, os postos serán outorgados por orde de maior oferta, dándose o caso de que, ao quedaren bancadas libres, as persoas que puxaron polo mesmo posto poderán optar a outros.