Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello, ADM e as distintas entidades deportivas colaborarán no Proxecto de Pulseiras Salvavidas

Fecha: 2015-11-09

 

 

O proxecto, iniciado durante a Festa do Marisco, permitirá dotar ás instalacións municipais de servizo de desfibriladores ademais de realizar a correcta formación para o seu uso.

 

Nunha reunión mantida coa Asociación de Deporte Meco e as distintas entidades deportivas do Grove presentouse a posibilidade de que estes colectivos apoiasen o Proxecto de Pulseiras Salvavidas. Os representantes dos distintos clubs amosáronse moi receptivos ao proxecto, propoñendo que cada un deles reciba un paquete de cincuenta pulseiras para poñeren á venda o antes posible. 

 

Deste xeito o proxecto esténdese polo Concello logo da positiva experiencia da Festa do Marisco, contando con máis puntos de distribución. A semana pasada foi o colectivo de vendedores e vendedoras do mercado de abastos quen se ofreceu para colaborar nesta venda, e tamén se teñen establecido contactos coas ANPA dos colexios.

 

Debemos subliñar, ademais, que o proxecto tamén supón contar con instrutores para o uso dos aparellos desfibriladores, o que permitiría a formación e reciclaxe para persoal de todos os equipos locais cun custos mínimos. Tamén posibilita dar unha cobertura máis efectiva á protección contra a morte súbita apoiada no uso dos desfibriladores que xa existen nas instalacións deportivas municipais, posibilitando a súa inscrición nas bases de datos do 061 para poder ser empregados adecuadamente, feito que, ata o de agora, non foi realizado e que os inutiliza para efectos prácticos.