Comeza o Curso de retoque fotográfico por ordenador
Fecha: 2015-11-17
Hoxe martes comeza o Curso de retoque fotográfico por ordenador concedido pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Actívate.
Este curso impartirase os martes e mércores, de 5 a 8 da tarde, desde o 17 de novembro ata o 30 de decembro na aula de informática da Casa da Cultura.
O obxectivo principal do curso é o de adquirir coñecementos, habilidades e destrezas no manexo do software GIMP: debuxar con distintas ferramentas, traballo con capas, corrección da cor, retoque de imaxes, impresión e outras.
Participarán no curso un grupo de 17 mozos, a maioría de 18-35 anos, aos cales a Deputación se lles dará prioridade para participar no curso. Os participantes presentaron previamente as solicitudes na Oficina de Información Xuvenil.