Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha o Plan de mantemento de parques e xardíns públicos

Fecha: 2015-11-16

 

 

O persoal de nova incorporación do plan de emprego da Deputación de Pontevedra conforma cuadrillas de traballo para recuperar os parques e xardíns do Concello.

 

Unha das preocupacións fundamentais do goberno local desde a súa chegada era o grave estado de deterioración en que se atopaban os xardíns e parques públicos. A veciñanza ten reclamado sobre este aspecto, polo que resultaba urxente acometer un plan de mantemento.

 

Os meses de verán e o escaso persoal estaban demorando esta cuestión que, finalmente, e grazas ao plan de emprego da Deputación, foi posible poñer en marcha desde o comezo do mes de novembro.

 

Entre o novo persoal co que conta o Concello están peóns forestais que se encargarán da correcta poda e atención das árbores respectando os ciclos biolóxicos e buscando solucións para evitar a lamentable imaxe que certas xardineiras e macetas estaban dando, con plantas mortas ou en mal estado.

 

O plan está deseñado grazas á colaboración da Concellería de Obras Públicas e de Medio Rural e preséntase cun itinerario marcado (días e zonas) que será cíclico, de tal xeito que, de se remataren a totalidade de espazos, volverase a comezar de inmediato.

 

Desde o Concello agradécese, unha vez máis, a colaboración cidadá para o coidado e a limpeza das zonas rehabilitadas, buscando o seu óptimo mantemento coa axuda e o traballo de todas e todos.