O pleno extraordinario do luns aprobará os festivos locais e sorteará as mesas electorais
Fecha: 2015-11-18
O Pleno terá lugar ás 9 da mañá con dous únicos puntos relativos a estes temas.
A Comisión Informativa reunirase esta tarde para presentar os puntos que compoñen a orde do día do pleno extraordinario que se vai levar a cabo o luns 23 de novembro, ás 9.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Este pleno xa estaba previsto por mor de cumprir a obriga de realizar o sorteo das mesas electorais das vindeiras eleccións xerais de decembro. Deste xeito, e para evitar gastos adicionais, aprovéitase esta convocatoria obrigada para incluír outro punto que conta con urxencia.
Trátase da aprobación dos festivos locais para o ano 2016, que ten que ser tratado no Pleno logo dunha reclamación do Partido Galeguista Demócrata que supón cambiar o sistema que foi válido, polo menos, durante os oito anos anteriores. O Grupo de Goberno manterá a súa proposta, remitida no tempo e na forma legalmente establecidos á Xunta de Galicia, relativa ás dúas festividades locais: a Festa do Carme e o Mércores de Cinza.