Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca o XVII Concurso de Postais de Nadal

Fecha: 2015-11-19

A postal gañadora será a empregada polo Concello para realizar as felicitacións oficiais do Nadal.

 

O concurso está dirixido ao alumnado de infantil e primaria da localidade e ten como temática fundamental o Nadal. A técnica é totalmente libre. A presentación dos traballos poderá realizarse ata o 9 de decembro, tanto nos centros educativos como na biblioteca municipal do Grove (neste último caso, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas). 

 

Os traballos deberán ser presentados nun folio DIN A4 e, a ser posible, totalmente debuxados. As obras deberán levar na parte posterior do folio o nome e apelidos da ou do participante, así como o número de teléfono e o centro educativo ao que pertence. 

 

O premio para o debuxo gañador será un lote de libros, material escolar e a súa publicación en forma de postal do Nadal dixital, que utilizará o Concello do Grove para realizar as felicitacións oficiais do Nadal. Todos os debuxos participantes serán expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir do venres 18 de decembro. O ditame do xurado darase a coñecer o mércores 16 e a entrega de premios será o venres 18 dese mesmo mes, antes dun espectáculo familiar de Nadal, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.