Aos Reis Magos, en galego!
Fecha: 2015-12-30
Un Nadal máis, o Servizo de Normalización Lingüística municipal (SNL), en colaboración coa Rede de Bibliotecas do Grove, pon á disposición da rapazada meca un modelo de carta en galego para facerlles as peticións ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
Recolle a túa carta na biblioteca do Grove, na axencia de lectura de San Vicente, no edificio administrativo municipal ou na Casa do Concello. Tamén podes descargala premendo aquí.
Se es moi impaciente, tamén podes enviarlles os teus pedimentos por correo electrónico ao enderezo reismagos@concellodogrove.com e eles contestaranche en galego.
Lembra que o Carteiro Real estará na casa da cultura do Grove o sábado 2 de xaneiro e na de San Vicente o domigo 3, os dous días a partir das 16.00 h.
Non esquezas escribir a túa carta en galego (chega antes)...!