Cursos intensivos de lingua galega no Grove preparatorios para as probas Celga 2016
Fecha: 2016-01-14
As clases comezarán o luns 25 de xaneiro.
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove vai poñer en marcha uns cursos de galego gratuítos para persoas adultas co fin de preparar o alumnado para as probas Celga 2016 do vindeiro mes de abril.
A matrícula xa está aberta e pódese inscribir nesta actividade calquera persoa maior de 16 anos (ou que os cumpra en 2016) que desexe adquirir ou mellorar os seus coñecementos sobre o noso idioma.
Os cursos, de 40 horas lectivas, teñen unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que poderán asistir tanto persoas galegas como estranxeiras. O fin primordial desta actividade é que poidan participar persoas, ben co obxectivo de se formaren para a obtención dos Certificados en lingua galega (Celga), ben co fin de aumentaren ou melloraren os seus coñecementos sobre o idioma propio de Galicia.
O prazo de inscrición nestes cursos remata o vindeiro 22 de xaneiro (incluído) e as clases comezarán o luns 25 deste mesmo mes, preferiblemente en horario de mañá, aínda que non se descarta que haxa un grupo de tarde se o alumnado é suficiente.
As clases vanse impartir polo persoal do SNL e as prazas están limitadas a un máximo de 20 persoas por grupo.
Máis información e inscricións no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey; tel.: 986 733 190; normalizacionlinguistica@concellodogrove.com).
O SNL meco lembra que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou no DOG do pasado xoves 7 de xaneiro as probas para a obtención dos Celga 2016, que serán no mes de abril e cuxo prazo de inscrición remata o 8 de febreiro.