Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca o V Concurso de Relato Curto para institutos

Fecha: 2016-01-21

Poderán participar alumnos de bacharelato e segundo ciclo da ESO. 

 

O Concello do Grove convoca a quinta edición do concurso de relato curto destinado a estudantes de bacharelato e de segundo ciclo da ESO dos centros da localidade. Trátase dun concurso que pretende motivar as rapazss e os rapaces para que se inicien na escritura creativa, afonden no uso da lingua galega e incidan no gusto pola lectura. 

 

Os premios en cada unha das dúas categorías consistirá na publicación do relato en Todogrove.es, 150 € en cheques-regalo para gastar no comercio local e un lote de libros.

 

As persoas interesadas poderán participar cun microrrelato orixinal, inédito e da súa autoría, que non fose premiado en ningún outro concurso e escrito en lingua galega. O tema será libre e a extensión entre 400 e 600 palabras (Arial, 11, dobre espazo). 

 

O relato deberá entregarse en formato word, sen asinar, impreso por triplicado e en arquivo electrónico (CD ou pendrive). A proposta irá acompañada dun sobre pechado no que constará un lema e título e, no seu interior, os datos persoais da autora ou autor. 

 

Os traballos poderán entregarse no propio centro escolar ata o 4 de marzo e a entrega de premios terá lugar a comezos de abril, coincidindo coa conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil. 

 

O Concello do Grove anima o alumnado dos dous centros de secundaria de municipio a que participen neste concurso e agradece a colaboración de Todogrove.es por permitir que a calidade creativa da rapazada do Grove poida ser difundida.