Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os servizos municipais reparan unha grave avaría na canalización da subministración de auga

Fecha: 2016-01-21

 

O problema produciuse ao mediodía de onte debido ao mal estado dunha tubaxe antiga.

 

Ata seis operarios estiveron traballando entre as 12.00 e as 21.00 horas de onte para reparar unha nova rotura do obsoleto sistema de abastecemento do Grove. Neste caso foi unha canalización na zona de entrada ao Grove que requiriu da apertura dunha gabia de gran tamaño e que presentou unha complexa solución debido a que se tiveron que preparar pezas adaptadas dada a antigüidade da tubaxe. A avaría supuxo un corte de auga na zona que vai desde o Hotel Abeiras ata o Tourís.

 

A pesar do plan de mantemento emprendido polo Goberno local, as avarías están a ser habituais debido ao pésimo estado do saneamento no concello, que sofre as consecuencias de moitos anos de abandono e falta de atención. Trátase dun problema que require de recursos pero, sobre todo, do coidado e a adecuación das melloras que se emprendan.