Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello oferta un Obradoiro de Artes Escénicas para rapazas e rapaces de 12 a 19 anos

Fecha: 2016-01-22

 

Esta actividade conta coa colaboración da Asociación Cultural Enxebre e será impartido por Atenea García.

 

O Concello do Grove pon en marcha un Obradoiro de Artes Escénicas que pretende achegarlle á rapazada de 12 a 19 anos as posibilidades do teatro e a interpretación, empregando a improvisación e o xogo dramático para explorar as capacidades expresivas da voz e do corpo. Non é necesaria experiencia previa, tan só hai que inscribirse na OMIX (no teléfono 986 730 609, no mail omix@concellodogrove.es ou no Facebook OMIX O Grove). As prazas están limitadas a 12 participantes.

 

As clases serán impartidas por Atenea García, de Xarope Tulú, nas instalacións do local social que a Asociación Cultural Enxebre cedeu para esta actividade. O horario será os martes de 17.00 a 18.30 horas, cun prezo de 10 euros mensuais por persoa.