Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello reforma as portas do antigo pavillón

Fecha: 2016-02-02

 

 

No día de onte iniciáronse os traballos para substituír as vellas portas de acceso por portas que cumpran os requisitos de seguridade. 

 

Onte luns comezaron os traballos de modificación das portas de acceso ao pavillón municipal. Trátase de tres portas de acceso de dobre folla, que pasarán a contar con apertura anti-pánico e as adecuadas medidas de seguridade. Este cambio resultaba urxente, xa que este importante espazo público non cumpría con este requisito de seguridade. Isto supón adecuar estas instalacións ás esixencias actuais, sobre todo tendo en conta o elevado número de usuarios deste pavillón durante todo o ano e especialmente en datas concretas como as do Entroido.