Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello anima os mozos e mozas a participaren no I Concurso Internacional de Playback do Entroido

Fecha: 2016-02-09

Ante a demanda existente tense ampliado a idade de participación.

 

O Dj local Djow Trece será o encargado de presentar o I Concurso Internacional de Playback que se celebrará mañá mércores a partir das 19.00 horas na Carpa do Entroido da praza do Corgo. Establecéronse tres categorías: grupos, parellas e individuais e xulgarase a teatralidade, a coreografía e a caracterización. Inicialmente as bases marcaban a idade de participación entre os 12 e os 18 anos, pero nos últimos días téñense recibido solicitudes de ampliar un pouco máis esta marxe, polo que se permitirá a participación de mozos e mozas de ata 25 anos.

 

Lembramos que a celebración deste concurso é posible grazas á colaboración de Emgrobes, quen achegará premios en forma de vales de compra no comercio local. Trátase dunha actividade que permitirá que os rapaces e rapazas do Grove pasen unha tardiña de festivo entretida e amosen o seu talento.