Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Grove celebra mañá sábado o seu tradicional desfile de disfraces no ‘Sambódromo Meco’

Fecha: 2016-02-19

 

O desfile que se celebraba habitualmente no martes de Entroido tivo que se posposto por mor do mal tempo.

 

O mal tempo obrigou a modificar o programa de Entroido do Grove. O desfile de disfraces que se celebraba os martes foi postos para mañá sábado. Xunto con este evento tamén foi cambiada a data do Enterro da Sardiña, que se ten programado tamén para mañá despois do desfile.

 

Lembramos que entre os cambios previstos para o desfile de Entroido está a protección de zonas do trazado no “Sambódromo meco” para garantir a seguridade participantes e asistentes. Haberá ademais animación na rúa e a entrega de premios terá lugar ese mesmo día. Deste xeito o programa para mañá comezará ás cinco da tarde co desfile, ás oito terá lugar o acompañamento e posterior enterro da sardiña e ao redor das nove, na carpa do Entroido da Praza do Corgo, comezará a festa de entrega de premios. 

 

O concurso de disfraces reparte case 3.000 euros en premios e as persoas interesadas en participar tan só terán que inscribirse a partir das tres da tarde na propia Carpa do Entroido.