O Concello do Grove realiza unha revisión das axudas por nacemento de fillos
Fecha: 2016-02-22
A modificación tenta axustar as axudas as necesidades reais das familias.
O Concello do Grove ten realizado un proceso de revisión das axudas por nacemento de fillos de cara á súa aprobación no Pleno deste mes. Trátase de corrixir estas axudas que, ata o de agora, se outorgaban a todos os nacementos que tivesen lugar no concello, con independencia da situación económica da familia, establecendo unha contía única de 100 euros polo primeiro fillo, 150 polo segundo e 200 polo terceiro e seguintes.
A proposta do Goberno local, que lles foi presentada xa aos membros da oposición, pasa por ampliar a contía das axudas, pasando estas a 200 euros polo primeiro fillo, 250 polo segundo e 300 polo terceiro, pero establecer un baremo vencellado á renda para outorgalas. Deste xeito preténdese que axuda sexa realmente eficaz, cubrindo necesidades reais de familias que poidan precisalo.
O Concello cumbriría con esta liña de axuda as xa existentes no Goberno autonómico, nas que tamén se establecen baremos de renda para establecer as contías subvencionadas.
Convenio con BATA
A partida destinada para estes fins para o ano 2016 foi establecida en 6.500 euros, o que supón unha redución con respecto ao ano 2015. Esta redución, xunto con cambios noutras partidas do orzamento municipal, posibilitará contar con recursos para a sinatura dun convenio coa Asociación BATA que permitirá que persoas con discapacidade traballen no Concello. Engádese así unha nova vía de atención ás necesidades sociais no Concello, ao tempo que se articulan medidas para un reparto máis xusto dos recursos.